Posadas

Modelo:Xeografía políticaPosadas
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 27°22′00″S 55°53′49″O / -27.3667, -55.8969
EstadoArxentina
Provincia da ArxentinaMisiones
Departamento da Argentina (pt) TraducirCapital (departamento de Misiones) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación275.988 (2010) Editar o valor en Wikidata (286 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie965 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Paraná Editar o valor en Wikidata
Altitude120 m Editar o valor en Wikidata
Creación1870 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoCabinet of Posadas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoDeliberative Council of Posadas (en) Traducir , (Escano: 14) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalN3300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico376 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webposadas.gob.ar Editar o valor en Wikidata
BNE: XX459413

Posadas é unha cidade da Arxentina, capital da provincia de Misiones e cabeceira do departamento Capital. Atópase na beira esquerda do río Paraná, ao suroeste da provincia e no noroeste do departamento Capital.[1]

É a cidade máis poboada de Misiones e o seu centro administrativo, comercial e cultural. No seu albor forxouse arredor do porto sobre o río Paraná, e o seu crecemento tardou en concretarse por ser unha das últimas zonas do territorio arxentino en poboarse. Actualmente é unha das cidades con máis actividade e crecimiento de toda a rexión NEA. A súa influencia esténdese até a veciña cidade de Garupá, coa que conforma o Gran Posadas. A ponte San Roque González de Santa Cruz, tendida sobre o río Paraná únea coa cidade de Encarnación, na República de Paraguai.[2][3]

O municipio de Posadas é o órgano administrativo encargado de rexer a cidade e zonas próximas. Ocupa a parte urbana da cidade máis unha zona rural situada ao sur e oeste da mesma, chegando até o límite coa provincia de Corrientes. Algunhas paraxes da zona rural (como o Centro Correntino, Itaembé Miní e Colonia Laosiana) foron absorbidas pola urbe no transcurso da década pasada.[4]

Está localizada sobre a Ruta Nacional 12 e a Provincial 213. A cidade atópase a 98 km da cidade de Oberá, segunda cidade da provincia, a 310 km de Puerto Iguazú, a 350 km de Asunción, capital de Paraguai e a 1003 km da cidade de Buenos Aires (o acceso é directo con varias frecuencias diarias de coches).[5]

  1. "Posadas, nuestra ciudad". Gobierno de la Provincia de Misiones. Arquivado dende o orixinal o 10/11/2013. Consultado o 2021-11-01. 
  2. Barreyro, Julio G. (1979). Breve historia de Misiones (en castelán). Plus Ultra. 
  3. "La ciudad de Garupá celebra sus 78 años de vida". Municipios de Argentina. Arquivado dende o orixinal o 01/11/2021. Consultado o 2021-11-01. 
  4. "Posadas, la ciudad que más se expandió en los últimos 30 años – Economis". Economis (en castelán). Consultado o 2021-11-01. 
  5. Paiva, Hernán Ramón (2015). "Ciudad, movilidad espacial y sectores populares: una aproximación al Sistema Integrado de Transporte Metropolitano del Gran Posadas, Misiones, Argentina". Transporte y Territorio (13): 149–169. ISSN 1852-7175. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in