Potencia mundial

Mapas para o PIB nominal e o PIB PPA totais de 2005, segundo datos do FMI.
Mapa mundial co estado de desenvolvemento nuclear representado por cores.      O cinco países con armas nucleares do NPT (Tratado de non proliferación de armas nucleares)      Outros países con armas nucleares      Países sospeitosos de ter armas nucleares ou de estar en proceso de desenvolvelas      Países que algunha vez tiveron armas nucleares ou programas de desenvolvemento de armas nucleares      Outros países capaces de desenvolver armas nucleares nalgúns anos se así o deciden

Unha potencia mundial é un estado que ten a capacidade de influír ou proxectar poder a escala mundial. Dende o desenvolvemento das grandes civilizacións tomouse en consideración este termo. Na antigüidade pode considerarse a Roma, China, Antigo Exipto entre outros como grandes potencias; na era moderna foi España, pasou a Francia para pasar posteriormente a Inglaterra e Rusia como as grandes potencias. No século XX as grandes potencias foron os EUA[1], Rusia (e a URSS), o Xapón,[2] Francia, a China, Alemaña e o Reino Unido.

En termos máis actuais, pode ser un estado cunha economía forte segundo o seu Produto Interno Bruto (PIB) tomando en conta o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país, cunha elevada poboación, e un poderoso exército, incluíndo forzas aéreas, marítimas e satélites.

Dende o punto de vista económico a primeira potencia mundial é Estados Unidos ao que seguen China, Xapón, Alemaña, India, Rusia, e Francia.

Militarmente falando a primeira potencia segue sendo Estados Unidos, á que lle segue China, Rusia, India, Reino Unido, Francia e Alemaña.

Se atendemos ao status de potencias nucleares a Rusia séguenlle por esta orde Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Francia e Israel. Cabe mencionar que só Estados Unidos, Reino Unido, Francia, China e Rusia atópanse nas tres categorías.

Dende o punto de vista aereonaval, considéranse potencias con proxección aereonaval a considerar a Estados Unidos, Rusia (grazas á súa frota de submarinos nucleares), Reino Unido (que posúe tres portaavións), Francia (que posúe un portaavións nuclear), Xapón, España e Italia.

Algunhas listas mostran a bloques económicos como potencias mundiais como: A Unión Europea[3].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2009. Consultado o 04 de xaneiro de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2009. Consultado o 04 de xaneiro de 2010. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2010. Consultado o 04 de xaneiro de 2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in