As Potencias do Eixe foron aquelas nacións opostas ós Aliados durante a segunda guerra mundial. Os tres poderes maiores, a Alemaña nazi, o Imperio do Xapón e o Reino de Italia, coñecidos como o "Eixo Roma-Berlín-Toquio" foron parte dunha alianza que no seu cénit dominaba gran parte de Europa, Asia, África e o océano Pacífico. Como no caso dos aliados, os membros do Eixo variaron, e algunhas nacións entraron no eixo ou saíron del no curso da guerra.