Pracer

Sócrates arranca a Alcibíades do Abrazo do Pracer Sensual, Jean-Baptiste Regnault, 1791.

O pracer pode ser definido como unha sensación ou sentimento agradábel ou eufórico, que na súa forma natural se manifesta cando se sacia plenamente algunha necesidade do organismo humano: bebida, no caso da sede; comida, no caso da fame; descanso (sono), para a fatiga; diversión (entretemento), para o tedio, e coñecementos (científicos ou non científicos) ou cultura (diferentes tipos de arte) para a curiosidade e a necesidade de crear e desenvolver o espírito. A natureza adoita asociar a sensación de pracer con algún beneficio para a especie e a Filosofía clasifícao entre os tipos posibles de felicidade.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in