Praia, Cabo Verde

Modelo:Xeografía políticaPraia, Cabo Verde
Praia (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 14°55′04″N 23°30′33″O / 14.9177194, -23.5091556Coordenadas: 14°55′04″N 23°30′33″O / 14.9177194, -23.5091556
EstadoCabo Verde
Divisão administrativa (pt) TraducirIllas de Sotavento, Cabo Verde
Municipio (pt) TraducirPraia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación127.832 (2010) Editar o valor en Wikidata (1.245,93 hab./km²)
Xeografía
Superficie102,6 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude1 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Outro
Irmandado con
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data15 de marzo de 2016
Identificador6103

Páxina webcmpraia.cv Editar o valor en Wikidata

A cidade da Praia é a capital de Cabo Verde, un país arquipélago no océano Atlántico, a oeste do Senegal. Ten unha poboación de 113.664 habitantes (2005) e atópase ao sur da illa de Santiago que forma parte do arquipélago de Sotavento. Tamén é a sede do municipio do mesmo nome. Praia é a maior cidade de Cabo Verde. Ten un porto comercial, onde se exporta café, cana de azucre e froitas. Tamén conta cunha importante industria pesqueira.

O centro da cidade é denominado Platô, debido a situarse nunha pequena planicie (do francés plateau: meseta) xunto ao mar, que alberga os edificios públicos e outros edificios importantes, como o Palacio presidencial, construído a finais do século XIX para ser a residencia do gobernador Portugués. Tamén conta co antigo Concello, con fachada clásica e torre central, a igrexa Nosa Señora da Graza, tamén ao estilo clasicista, o Museo Etnográfico e o Monumento de Diogo Gomes, navegante Portugués e descubridor da illa de Santiago en 1460.

É o porto do transbordador que une as illas e alberga un dos dous aeroportos internacionais cos que conta o país.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy