Pratos combinados

Pratos combinados

Editar o valor en Wikidata
FormatoComedia
Creado porXosé Cermeño
Dirixido porChema Fernández Vilas
IntérpretesErnesto Chao
Mabel Rivera
Antonio Durán "Morris"
Manuel Millán Vázquez
Xosé Manuel Olveira "Pico"
María Bouzas
Guillermo Carbajo
Mónica García
Cristina Castaño
María Castro
Serxio Pazos
Fely Manzano
Josito Porto
Susana Dans
Mariana Carballal
Eva Fernández
Braulio Veiga
Mariña Sampedro
Temporadas14
Episodios261
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Suso Suárez
Duración(30 minutos as 6 primeiras tempadas, 60 minutos as seguintes)
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Formato de imaxe4:3
Primeiro episodio1 de decembro de 1995
Derradeiro episodio24 de maio de 2006
Na rede
http://www.crtvg.es/tvg/programas/pratos-combinados
IMDB: tt0189296 Filmaffinity: 281787 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pratos combinados é unha serie de televisión que foi emitida por TVG en Galicia dende o 1 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Os realizadores da serie decidiron finalizala nese ano, despois de 14 temporadas. Emitíase os Mércores pola noite na TVG. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión galega xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.

Estreouse o 1 de decembro de 1995 e tivo un grande éxito ao ter unha boa cota de pantalla e ao superar en ocasións á dura competencia de series de televisión españolas como Aquí no hay quien viva ou Los Serrano.

A serie foi creada polo escritor Xosé Cermeño, autor tamén da primeira serie de ficción galega (Os outros feirantes), e baixo a súa dirección participaron guionistas como Rosa Castro, Raúl Dans, Denis López, Germán R. López, Xavier Manteiga, Roberto G. Méndez, Miguel Anxo Murado, Jacobo Paz, Cándido Pazó, David Planell ou Paula de Sáa.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in