Praza de touros Monumental de Pamplona

Praza de touros Monumental de Pamplona
Exterior da Praza de Touros de Pamplona. En primeiro plano a porta da ruela, por onde entran os corredores e touros nos encerros
Coordenadas42°48′57″N 1°38′22″O / 42.815866, -1.639548Coordenadas: 42°48′57″N 1°38′22″O / 42.815866, -1.639548
editar datos en Wikidata ]
Vaquillas tras un encerro de Sanfermines.
Detalle existente na praza de touros co Escudo republicano da cidade de Pamplona. Obsérvese a coroa mural timbrando o escudo.

A Praza de Touros de Pamplona é a praza de touros proxectada en 1920 no Segundo Ensanche de Pamplona para festexar as corridas de touros. É a maior praza de Navarra, a terceira maior do mundo en canto a aforamento (hai uns 19.720 espectadores, tras a última reforma para cumprir a normativa de seguridade), e é mundialmente coñecida polos encerros da Feira de San Fermín, que teñen lugar anualmente entre o 7 e o 14 de xullo. Actualmente tamén se utiliza para concertos e espectáculos.

Desde a súa construción é propiedade da Casa de Misericordia de Pamplona, que á súa vez é quen xestiona o seu uso e os espectáculos que nela se producen.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy