Premio Blanco Amor

O Premio Blanco Amor é un premio literario galego dotado con 12.000 euros que premia unha novela longa en lingua galega. Creado en 1981 en homenaxe a Eduardo Blanco Amor por iniciativa do concello de Redondela, a obra gañadora publícaa a editorial Galaxia.[1]

Inicialmente estaba convocado por 52 concellos galegos, rotando cada ano un dos concellos en calidade de organizador. Desde o 2015 organiza e patrocina este certame a Deputación de Ourense, incorporándose, no 2017, a Fundación Eduardo Blanco-Amor, creada nese ano.[2]

  1. http://www.clevertic.es; comunicacion. "Diputación de Ourense". www.depourense.es (en Spanish). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-25. 
  2. "Premio Blanco Amor". depourense. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2023. Consultado o 30 de novembro de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in