Premio Turing

O Premio Turing é concedido anualmente pola Asociación para a Maquinaria de Computación (en inglés Association for Computing Machinery, ou ACM) a unha persoa pola súa contribución á computación.

A denominación do premio responde a Alan Mathison Turing, un matemático británico considerado un dos pais da ciencia da computación moderna. O premio é recoñecido como o "Premio Nobel da informática". Está patrocinado pola Intel Corporation e acompañado actualmente por un premio monetario de 250.000 dólares.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy