Proa

Proa de bulbo.

Chámase proa á parte dianteira dun barco que vai cortando as augas do mar. Esta extremidade do barco é afinada para diminuír en canto sexa posible a súa resistencia hidrodinámica. Tamén se denomina proa ata a zona onde comeza a pechar formas, no corpo central do buque.

Antigamente acostumaba levar unha figura decorativa (mascarón de proa) e aínda hoxe levan algúns buques unha imaxe ou icona representativa.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy