Procesamento da linguaxe natural

O Procesamento da Linguaxe Natural (PLN, ou NLP; Natural Language Processing) é unha subdisciplina da intelixencia artificial e unha das aplicacións máis útiles da lingüística computacional. O PLN ocúpase da formulación e investigación de mecanismos eficaces computacionalmente para a comunicación entre persoas ou entre persoas e máquinas por medio de linguaxe natural. O PLN non trata da comunicación por medio de linguaxes naturais dunha forma abstracta, senón que procura deseñar mecanismos para comunicarse que sexan eficaces computacionalmente -que se poidan realizar por medio de programas que executen ou simulen a comunicación. Os modelos aplicados enfócanse non só á comprensión da linguaxe de por si, senón a aspectos xerais cognitivos humanos e á organización da memoria. A linguaxe natural serve só de medio para estudar estes fenómenos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy