Prosa

O Catecismo do labrego, popular obra en prosa de Valentín Lamas Carvajal.

A prosa na escritura é o uso da linguaxe que se opón ao verso.[1] As palabras agrúpanse sen seguir as leis da métrica, senón que imitan o fluír do discurso oral. É a maneira máis natural de escribir, por iso ademais da literatura, aparece nos medios de comunicación, avisos, leis e outros documentos. Trátase carácter máis próximo á fala, sendo o derradeiro estilo literario en aparecer, posto que os primeiros escritos literarios empregaban o verso xustamente para marcar o carácter artístico e facilitar a memorización.

Tradicionalmente, a narrativa asóciase á prosa, pero pode haber poemas narrativos e textos en prosa de carácter non narrativo, como o ensaio, a descrición etc. por tanto é incorrecto considerar a prosa como un gran xénero literario.

  1. Enciclopèdia Catalá (ed.). ""prosa"". Arquivado dende o orixinal o 11-08-2011. Consultado o 06-06-2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy