Prosimios

Prosimios
Prosimia vel Prosimii

Lémure (Lemur catta)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Primates
Suborde: Prosimia

Boddaert, 1785
Prosimii
Illiger, 1811

O dos prosimios (Prosimii vel Prosimia) inclúe especies de primates anteriormente considerados como máis primitivos ca os simiiformes.[1] Porén, este termo considérase anticuado (obsoleto, na terminoloxía taxonómica), xa que está considerado como parafilético. De feito, descubriuse que os tarseiros (familia Tarsiidae), que estaban incluídos entre os prosimios, están máis próximos aos simiiformes que aos lemuriformes.

Neste grupo, considerado moitas veces unha suborde de primates caracterizados polos seus prominentes fociños e longas colas e, nalgunhas especies, por unha tendencia á disposición lateral dos ollos, incluíanse antigamente os lemuriformes, quiromiiformes, lorisiformes e tarsiiformes; estas catro infraordes non presentan ningunha característica apomórfica que xustifique a súa reunión baixo un mesmo taxon, de modo que os prosimios son considerados hoxe un grupo polifilético.

Os prosimios son un grupo parafilético e non un clado (un grupo formado por un antepasado e todos os seus descendentes), posto que os tarseiros comparten un antepasado común máis recente cos simios que cos estrepsirrinos. En consecuencia, o termo "prosimio" non se utiliza a día de hoxe nun sentido taxonómico, pero aínda se emprega para ilustrar a ecoloxía condutual dos tarseiros en relación cos outros primates.

  1. prosimio en Galnet. Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG, Universidade de Vigo.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in