Proteobacterias | |||||
---|---|---|---|---|---|
Escherichia coli | |||||
Clasificación científica | |||||
|
As proteobacterias ou Proteobacteria (sinónimo Pseudomonadota) constitúen un dos principais grupos de bacterias, con categoría de filo. Inclúen unha ampla variedade de patóxenos, como Escherichia, Salmonella, Vibrio, Helicobacter, e moitos outros xéneros salientables.[2] Outros xéneros e especies son de vida libre, e entre eles inclúense moitas das bacterias responsables da fixación do nitróxeno. Tamén é deste grupo a bacteria descuberta en Galicia Gallaecimonas.
Este grupo foi establecido en 1987 por Carl Woese, que as chamou informalmente "bacterias púrpuras e relacionadas".[3] Debido á grande diversidade de formas que se encontraron neste grupo, as Proteobacteria foron nomeadas así a partir do nome dun deus grego do mar, Proteo, que podía adoptar moitas formas diferentes (non foi nomeado polo nome do xénero Proteus).[1][4]