A provincia Oriental dos Azores foi unha división administrativa de Portugal, creada o 28 de xuño de 1833, no contexto da división, en dúas entidades separadas, da anterior provincia dos Azores. A nova provincia tiña a sede en Ponta Delgada e incluía as illas de San Miguel e de Santa María do arquipélago dos Azores.
A creación da provincia Oriental dos Azores resultou da esixencia dos habitantes da illa de San Miguel, que non querían ficar subordinados á illa illa Terceira nunha única entidade administrativa. Até aí, o que viría ser a nova provincia, formaba a comarca de Ponta Delgada, cun subprefecto, subordinado ao prefecto con sede en Angra.
A nova provincia Oriental pasou a ter un prefecto —que representaba o goberno central— e unha xunta xeral –como órgano de goberno propio, elixido localmente–.
En 1835 foi decretada unha nova reforma administrativa do país, que o dividía en distritos, con cadanseu gobernador civil e cadansúa xunta xeral. Mantivéronse as provincias, pero sen órganos propios, unicamente como agrupamentos de distritos para fins estatísticos e de referencia xeográfica. Sen órganos de seu, a provincia Oriental dos Azores continuou a existir, englobando un único distrito, o de Delgada.[1].