Provincia dos Azores

Modelo:Xeografía políticaProvincia dos Azores

Localización

A provincia dos Azores foi unha estrutura administrativa do territorio do arquipélago dos Azores, creada polo Decreto n.º 28, de 4 de xuño de 1832, asinado en Ponta Delgada por Pedro IV, en nome da súa filla, a raíña María II, sendo Secretario de Estado dos Negocios do Reino o marqués de Palmela.

A provincia dos Azores resultou da extinción da Capitanía Xeneral dos Azores, mantendo, a semellanza da capitanía, a súa capital na cidade de Angra do Heroísmo, na illa Terceira.

A provincia estaba dividida en tres comarcas: Angra, a capital provincial, cun prefecto; Ponta Delgada, cun sub-prefecto; e Horta, igualmente cun subprefecto.

A Provincia dos Azores foi extinta polo Decreto n.º 64, de 28 de xuño de 1833, que a dividiu en dúas: a Provincia Oriental dos Azores, englobando as illas de San Miguel e de Santa María, con capital en Ponta Delgada; e a Provincia Occidental dos Azores, con capital en Angra e que abranxía as restantes illas do arquipélago. Esta división da provincia, feita por esixencia das elites da illa de San Miguel[Cómpre referencia], iniciou o proceso que levaría á creación dos distritos das Illas Adxacentes.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in