Pteridospermatophyta

O termo "fieitos con semente" foi aplicado a unha ampla variedade de espermatófitas (plantas con semente) ancestrais, hoxe conservadas no rexistro fósil, que se caracterizaban por ter follas grandes, semellantes ás frondes dos fieitos, mais portadoras de sementes verdadeiras (Stewart e Rothwell 1993, Taylor e Taylor 1993).

Hoxe está claro que todos estes fósiles non necesariamente están relacionados entre si, e que unha serie de fieitos con semente do Paleozoico forman un grupo parafilético na base da árbore filoxenética das plantas con semente.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy