Puberdade

Ciclos de retroalimentación hormonais. 1.- hormona foliculoestimulante -, 2.- hormona luteinizante - LH, 3.- proxesterona, 4.- estróxeno, 5.- hipotálamo, 6.- 2glándula pituitaria, 7.- ovario, 8.- embarazo - hCG (gonadotropina coriónica humana - hCG), 9.- testosterona, 10.- testículo, 11.- incentivos, 12.- prolactina PRL. Véxase tamén Sistema endócrino e retroalimentación negativa endócrina.
Fases da puberdade nunha adolescente.

A puberdade[1] é un período no que ocorren mudanzas biolóxicas e fisiolóxicas. É neste período cando o corpo se desenvolve física e mentalmente tornándose maduro e o adolescente queda capacitado para xerar fillos. Non debe ser confundida como sinónimo da adolescencia, xa que a puberdade forma parte da adolescencia.

Nesta fase, obsérvanse mudanzas tales como: crecemento de pelos, crecemento dos testículos e aparición dos seos, aumento de cadeiras nas rapazas e tórax nos rapaces. O marco principal da puberdade para os homes é a primeira exaculación, que ocorre de media ós 13 anos.[2] Para as mulleres, é o inicio da menstruación, que ocorre de media entre 12 e 13 anos.[3][4][5][6] No século XXI, a idade media na que os nenos acadan a puberdade é menor en comparanza co século XIX, cando era de 15 anos para as rapazas e 16 para os rapaces. Isto pode deberse ós produtos químicos dos alimentos ou a unha mellor nutrición.[7]

As hormonas sexuais difiren para os homes e as mulleres, mais non son totalmente exclusivos de cada sexo. Nos homens, os testículos secretan entre outras hormonas a testosterona e nas mulleres o ovario fabrica o estróxeno. As gónadas e as glándulas suprarrenais de ámbolos dous sexos producen o estróxeno e a testosterona, mas é variábel a cantidade. As características biolóxicas son universais e ocorren de xeito semellante en tódolos seres humanos.

A puberdade tamén axita as emocións dos adolescentes e afecta no seu comportamento, principalmente no seu desexo sexual.[8] Tanto nos rapaces coma nas rapazas, as mudanzas da puberdade non son tanto físicas como psicolóxicas. As alteracións hormonais espertan a sensibilidade sexual e, consecuentemente, é neste período que moitos adolescentes comezan esporadicamente a ter relacións sexuais.[9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para puberdade.
  2. (Jorgensen & Keiding 1991).
  3. (Tanner, 1990).
  4. Anderson SE, Dallal GE, Must A (2003). "Relative weight and race influence average age at menarche: results from two nationally representative surveys of US girls studied 25 years apart". Pediatrics 111 (4 Pt 1): 844–50. PMID 12671122. doi:10.1542/peds.111.4.844. 
  5. "Age at menarche in Canada: results from the National Longitudinal Survey of Children & Youth". BMC Public Health. 2010. 
  6. Hamilton-Fairley, Diana. "Obstetrics and Gynaecology" (PDF). Blackwell Publishing (2ª ed.). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2018. 
  7. Alleyne, Richard (13 de xuño de 2010). "Girls now reaching puberty before 10 – a year sooner than 20 years ago". www.telegraph.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2018. 
  8. "Sexualidade: Puberdade". Consultado o 2 de abril de 2010. 
  9. G. J. Ballone. "Adolescência e Puberdade - 1". Consultado o 3 de maio de 2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy