Pulmonaria

Para a especie típica tamén chamada pulmonaria, véxase artigo Herba dos bofes.

xénero Pulmonaria)

Pulmonaria officinalis
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Boraginaceae
Subfamilia: Boraginoideae
Xénero: Pulmonaria
L.
Especies

Véxase no texto.

Pulmonaria é un xénero de fanerógamas da familia das Boraginaceae, nativas de Europa e o occidente de Asia, cunha especie (P. mollissima) do leste de Asia central. Reciben o nome vulgar de pulmonarias ou herbas dos bofes. Hai entre 10 e 18 spp. de Pulmonaria bravas, porén a taxonomía do xénero é moi confusa. O nome botánico Pulmonaria deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpatética, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados, e por iso utilízase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como no galego: herba dos bofes (pulmóns dos animais), no inglés "lungwort", e no alemán "lungenkraut". Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, por exemplo en ruso "medunitza" ou en polonés "miodunka".


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy