Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2024) |
Punk | |
---|---|
Orixe musical | garage rock, rock and roll, rockabilly, hard rock, pub rock, proto-punk, glam punk |
O punk, tamén coñecido como punk rock, é un movemento musical dentro do rock que emerxeu a mediados dos anos 1970. Con raíces no garage rock dos anos 60, as bandas punk rexeitaron os excesos do rock mainstream dos 70. Caracterízase pola súa actitude independente e de afeccionados, adoptando a ética DIY, encargándose moitos grupos de autoproducir os seus traballos, editados a través de pequenos selos independentes. Nos seus inicios, o punk era unha música moi simple e crúa, ás veces descoidada: un tipo de rock sinxelo, con melodías simples de duracións curtas, sons de guitarras amplificadas pouco controlados ou ruidosos, poucos arranxos e instrumentos, e, polo xeral, de compases e tempos rápidos.
As liñas de guitarra caracterízanse pola súa sinxeleza e a crueza do son amplificado, xeralmente creando un ambiente sonoro ruidoso ou agresivo herdado do garage rock. O baixo, polo xeral, segue só a liña do acorde e non busca adornar con oitavas nin arranxos a melodía. A batería pola súa banda leva un tempo acelerado, con ritmos sinxelos de rock. As voces varían desde expresións fortes e ata violentas ou desgarradas, expresivas caricaturas cantadas que alteran os parámetros convencionais da acción do cantante, ata formas máis melódicas e elaboradas.