A putrescina (ou butano-1,4-diamina) é unha substancia orgánica fedorenta [1] do grupo das poliaminas coa fórmula NH2CH2)4NH2. Esta relacionada coa cadaverina, xa que ambas as dúas se orixinan pola degradación dos aminoácidos nos organismos vivos e nos cadáveres, e ambas son tóxicas a doses altas.[2][3] Estas dúas poliaminas son as responsables en grande medida do cheiro da carne en putrefacción, pero tamén contribúen ao cheiro do mal alento e da vaxinose bacteriana. Tamén se atopan no seme e nalgunhas microalgas, acompañando a moléculas relacionadas como a espermina e espermidina.
A ornitina é convertida polas bacterias intestinasis nunha substancia tóxica chamada putrescina, que, á súa vez, degrádase orixinando poliaminas, como a espermidina, espermina, e cadaverina.