Quinta Avenida

A Quinta Avenida cara ao sur dende a rúa 38.

A Quinta Avenida (en inglés Fifth Avenue ou 5th Avenue) é unha das principais arterias do centro de Manhattan, na cidade de Nova York, nos Estados Unidos. Repleta de apartamentos de luxo e de mansións históricas, a Quinta Avenida é un símbolo da bonanza económica de Nova York.

É tamén unha das zonas de compras máis exclusivas do mundo xunto a Oxford Street en Londres, os Campos Elisios en París e a Vía Montenapoleone en Milán. Durante varios anos dende os anos 90, a sección entre as rúas 49 e 57 foi catalogada como a segunda máis cara por metro cadrado de superficie de venda, só por detrás da Sloane Street de Londres.[1]

  1. "Survey Reaffirms 5th Ave. at Top of the Retail Rent Heap". The New York Times (en inglés). 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in