Ra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ra vermella, Rana temporaria | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||
Véxase o texto | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Ceratobatrachidae |
Ra é o nome galego para designar os anfibios anuros de varias familias, especialmente dos ránidos (Ranidae) e, máis especificamente, os membros do xénero Rana.
Para a xente non moi versada en herpetoloxía, todos os anuros de pel máis ou menos lisa, que dan grandes saltos e viven preto da auga, son ras, mentres que os de pel rugosa, corpo máis repoludo, movementos máis torpes, de hábitos máis terrestres, son sapos. Porén, de seguirmos no criterio filoxenético, veremos que a ra de Santo Antón ou rela (Hyla arborea), está moito máis emparentada co sapo común (Bufo bufo) que coa ra verde (Rana perezi).[1]
Porque para o común da xente a palabra sapo suxire un animal feo, de cor discreta, desagradábel, torpe e nocivo. O escaso interese que suscitan e a tradicional aversión do mundo rural por eles, propicia o descoñecemento das diferenzas entre especies, e todas son chamadas vulgarmente "sapos". En realidade, todas as especies de sapos que habitan en Galicia caracterízanse polo seu aspecto repoludo, coas patas traseiras curtas e a pel verrugosa en maior ou menor grao, a maioría de costumes nocturnos e bastante independentes da auga.[2] Pero non hai que esquecer que todas as especies galegas de sapos non son velenosas, e que noutras partes do mundo, hai "ras velenosas" (tamén "sapos velenosos"), e que hai sapos de cores rechamantes.
Reprodúcense por ovos, dos que nacen os cágados, tamén coñecidos como cullarapos, entre outros nomes.[3] O cágado é a larva dos anfibios, especialmente dos anuros como ras e sapos, que despois dunha metamorfose convértese en anfibio adulto. Xeralmente son larvas acuáticas, aínda que tamén hai algunhas terrestres.
En todo o mundo existen unhas 4 800 especies de ras. A maioría pasa a súa vida dentro ou preto da auga. O seu tamaño é variábel. Entre as máis pequenas ras encontramos o coquí (Eleutherodactylus coqui), de Porto Rico, mentres que a maior é a Conraua goliath do Camerún e a Guinea Ecuatorial).