Nome completo | Racing Point F1 Team |
---|---|
Bandeira | Reino Unido |
Baseada en | Silverstone, Reino Unido |
Tempadas en activo | 2018 |
Número de pilotos | Sergio Pérez Esteban Ocon |
Debut | Gran Premio de Bélxica de 2018 |
Carreiras | 9 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 52 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Zabi de 2018 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Racing Point UK Limited, que compite como Force India, Racing Point F1 Team, Racing Point Force India F1 Team, é un equipo de carreiras de Fórmula 1 e construtor con base en Silverstone, Reino Unido, que competiu con licenza británica.
O equipo formouse en agosto de 2018 cando un consorcio de investidores que incluía a André Desmarais, Jonathan Dudman, John D. Idol, John McCaw Jr., Michael de Picciotto e Silas Chou (chamado 'Racing Point UK Ltd'[1]) e liderado por Lawrence Stroll, o pai do ex piloto de Williams Lance Stroll, comprou os activos do xa existente Sahara Force India F1 team.[2] O equipo fixo o seu debut na competición no Gran Premio de Bélxica de 2018. Esta pensado que Stroll se traslade ao equipo en 2019, logo de pasar a proba de pneumáticos Pirelli co equipo de Abu Zabi.
O consorcio comprou Sahara Force India por 90 millóns de libras.[3]