Raios X

Os raios X forman parte do espectro electromagnético, con lonxitudes de onda menores que a luz visíbel. Diferentes aplicacións usan diferentes partes do espectro dos raios X.
Unha radiografía feita por Röntgen

Os raios X son emisións electromagnéticas de natureza semellante á luz visíbel. A súa lonxitude de onda vai de 0,05 ángstrom ata centenas de ángstroms.

O espectro de lonxitudes de onda utilizábel é o correspondente a aproximadamente entre 5 picómetros e 10 nanómetros. A enerxía dos fotóns é da orde do keV (quilo electrón-volt), entre algúns keV e algunhas centenas de keV. A xeración desta enerxía electromagnética débese á transición de electróns nos átomos, ou da desaceleración de partículas cargadas.

Como toda enerxía electromagnética de natureza ondulatoria, os raios X sofren interferencia, polarización, refracción, difracción e reflexión, entre outros efectos. Aínda que de lonxitude de onda moito maior, a súa natureza electromagnética é idéntica á da luz.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy