O Randstad (do neerlandés rand: beira e stad: cidade) é o nome que recibe a maior conurbación dos Países Baixos, á súa vez unha das maiores de Europa.
Hai que distinguir entre a rexión metropolitana de Randstad, cunha poboación ao redor dos 6,5 millóns de habitantes (40% do total dos Países Baixos), e a Rexión de Randstad, (unha asociación socio-económica) que reúne uns 7,6 millóns de habitantes (case a metade da poboación do país).
Ambas as entidades esténdense polas provincias de Holanda Meridional, Holanda Setentrional, Utrecht e Flevoland.