Raposo

Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).

O raposo, raposa ou golpe[1] é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara a arriba, e unha longa e espesa cola.

Doce especies pertencen ó grupo monofilético do xénero Vulpes ou "raposos verdadeiros". Arredor doutras 25 especies vivas ou extintas foron chamadas tamén raposos; estes raposos forman parte do grupo parafilético de raposos de América do Sur, ou do grupo formado polo raposo orelludo, o raposo gris e o raposo gris das illas.[2] Os raposos viven en tódolos continentes, agás na Antártida. A especie máis común e espallada de lonxe é o raposo común (Vulpes vulpes) con 47 subespecies recoñecidas.[3] A distribución mundial dos raposos, xunto coa súa reputación de astucia, contribuíu a que estean presentes en moitas culturas de sociedades de todo o mundo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Raposo.
  2. Oxford University Press, ed. (2004). The biology and conservation of wild canids (Nachdr. d. Ausg. 2004. ed.). Oxford. p. 49. ISBN 0198515561. 
  3. Lloyd, H.G. (1981). Batsford, ed. The red fox (2. impr. ed.). Londres. p. 21. ISBN 0-7134-11902. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy