Celta Zorka Recalvi | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Liga española feminina |
Fundación | 1996 (28 anos) |
Cores | Celeste, vermello e branco |
Presidente | Francisco Araújo |
Adestrador | Cristina Cantero |
Patrocinador | Zorka Recalvi |
Vestimenta | Adidas |
Uniforme | |
Localización | |
Cidade | Vigo |
Pavillón | Complexo Deportivo das Travesas |
Campionatos | |
Liga Feminina | 5 (1977, 1979, 1982, 1999, 2000) |
Copa da Raíña | 4 (1974, 1981, 1984, 2001) |
Copa Galicia | 12 (1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011) |
CeltaBaloncesto.com |
O Real Club Celta Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Celta Zorka Recalvi é un club de baloncesto feminino con sede na cidade de Vigo. O club foi fundado no verán de 1996 logo da adquisición da praza do Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. Xa no ano da súa fundación o equipo conseguiu o seu primeiro título nacional, a Copa Galicia. Na tempada 2024-25 competirá na Liga Endesa, a máxima competición do baloncesto feminino en España.
O Real Club Celta Baloncesto é o equipo de baloncesto máis laureado de Galiza, tanto en categoría masculina como na feminina, e é un dos equipos máis laureados do baloncesto feminino español aínda en funcionamento. O club gañou a Liga Feminina (LF) en cinco ocasións (conseguindo tamén seis subcampionatos), tamén gañou catro veces a Copa da Raíña (amais de conseguir cinco subcampionatos), por outra banda conseguiu 12 campionatos da Copa Galicia, sendo o equipo máis laureado da competición.
Logo de competir durante boa parte da súa historia na máxima categoría do baloncesto feminino español (a LF), na tempada 2011-12 descendeu á segunda categoría, regresando á mesma na tempada 2023-24.