Rebecca Clarke

Modelo:BiografíaRebecca Clarke

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1886 Editar o valor en Wikidata
Harrow, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de outubro de 1979 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAnthony Trent Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Music
Royal College of Music (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica clásica, Música de cámara, Canção artística (pt) Traducir e Neue Musik (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositora, musicóloga, Violista, música Editar o valor en Wikidata
MovementoNeue Musik (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín e Viola Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJames Friskin Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Musik und Gender im Internet (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 876477d7-f8a8-46a8-9f19-56b07dfe2cf8 Discogs: 1894872 IMSLP: Category:Clarke,_Rebecca Allmusic: mn0001331757 WikiTree: Clarke-11804 Editar o valor en Wikidata

Rebecca Clarke, nada o 27 de agosto de 1886 en Londres (Inglaterra) e finada o 13 de outubro de 1979 na cidade de Nova York (Estados Unidos), foi unha compositora e violista coñecida especialmente pola súa produción camerística para viola. Nada no borough londiniense de Harrow, estudou na Royal Academy of Music e no Royal College of Music de Londres, posteriormente converteuse nunha das primeiras mulleres en tocar en orquestras profesionais. Sorprendida polo inicio da segunda guerra mundial nos Estados Unidos, estableceuse de xeito permanente na cidade de Nova York e casou co compositor e pianista James Friskin en 1944. Clarke morreu na súa casa de Nova York aos 93 anos de idade.

Aínda que Clarke escribiu pouco, en parte polas súas ideas sobre o rol da muller compositora, a súa obra foi recoñecida pola súa mestría. A maioría das súas obras aínda non foron publicadas (ou foron publicadas recentemente), e foron esquecidas durante moito tempo despois de que deixara de compoñer. O estudo e o interese nas súas composicións reviviu en 1976. A Rebecca Clarke Society creouse no ano 2000 para promover o estudo e a interpretación da súa música.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in