Recursos educativos abertos

Logo mundial REA, creado en 2012 pola UNESCO.[1]

Os recursos educativos abertos ou REA (en inglés: Open Educational Resources, OER) están constituídos por documentos ou materiais dixitais orientados á aprendizaxe e á investigación. A súa principal característica é estar "plenamente dispoñíbel para ser usado por educadores e estudantes, sen a necesidade de pagar regalías ou dereitos de licenza".[2]

O termo foi adoptado por primeira vez en 2002 pola Unesco, organismo que os define como: "A provisión aberta, posibilitada pola tecnoloxía, de recursos educativos para consulta, uso e adaptación por parte dunha comunidade de usuarios para fins non comerciais" (UNESCO, 2015, p. 25).[2]

  1. "Logotipo mundial REA | Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura". en.unesco.or (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Butcher, Neil; Kanwar, Asha; Uvalic-Trumbic, Stamenka (2015). "Guía básica de recursos educativos abiertos (REA)". unesdoc.unesco.org (en castelán). UNESCO. ISBN 978-9-233000-20-9. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in