Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1917 Brooklyn, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 28 de outubro de 2006 (89 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | infarto agudo de miocardio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Virxinia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Boston Brooklyn Bethesda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Xudaísmo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade George Washington Eastern District High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | adestrador de baloncesto, baloncestista, adestrador | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Arnold Jacob "Red" Auerbach, nado o 20 de setembro de 1917 en Brooklyn, Nova York e finado o 28 de outubro de 2006 en Washington, D.C., foi un prestixioso e influente adestrador de baloncesto dos Washington Capitols, Tri-Cities Blackhawks e Boston Celtics. Tras a súa retirada dos bancos, traballou como presidente e executivo dos Celtics até a súa morte.
Como adestrador, gañou 938 partidos (marca á súa retirada)[1] e 9 campionatos da NBA, dous menos que Phil Jackson. Como "manager xeral" e presidente dos Celtics, gañou sete títulos máis, para un total de 16 en 29 anos, sendo unha das personalidades máis exitosas na historia do deporte norteamericano profesional.[2]
Máis aló dos títulos, Auerbach é lembrado como un pioneiro do baloncesto moderno, redefinindo este deporte como un deporte dominado polo xogo en equipo e a boa defensa máis que polo traballo individual, ademais de introducir o contraataque como unha potente arma ofensiva.[2] Adestrou a moitos xogadores que posteriormente ingresarían no Basketball Hall of Fame, pero, máis importante, Auerbach foi vital na derriba das barreiras raciais na NBA. Fixo historia ao seleccionar no Draft ao primeiro xogador afroamericano da NBA, Chuck Cooper, en 1950, e 14 anos máis tarde introduciu o primeiro quinteto totalmente negro da historia.[3] Auerbach fixo popular a súa costume de fumarse puros da vitoria cando pensaba que o partido estaba decidido, un hábito que se fixo de culto en Boston.[2]
Polos seus logros, Auerbach recibiu multitude de honras. En 1967, o Adestrador do Ano da NBA, premio que gañou en 1965, foi nomeado como "Trofeo Red Auerbach", e dous anos máis tarde foi incluído no Basketball Hall of Fame. En 1981 foi elixido Executivo do Ano, ademais de ser elixido posteriormente un dos "dez mellores adestradores da historia da NBA" e en 1985 ser retirada a camiseta dos Celtics co dorsal 2 na súa honra.