Red Bull Racing

Austria Red Bull
Nome completo Oracle Red Bull Racing[1][2]
Bandeira coa que compite Austria Austria
Base en Milton Keynes, Buckinghamshire,
Reino Unido
Xefe de Equipo Christian Horner
(Director de equipo)
Director Técnico Pierre Waché (Director técnico)
Pilotos 1. Países Baixos Max Verstappen
11. Sergio Pérez
Pilotos de probas Liam Lawson[3]
Chasis RB20[4]
Motor Honda RBPTH002
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio de Australia de 2005
Carreiras 384 (383 saídas)
Campionatos de Construtores 6 (2010, 2011, 2012, 2013, 2022, 2023)
Campionatos de Pilotos 7 (2010, 2011, 2012, 2013, 2021, 2022, 2023)
Vitorias 120
Pole positions 103
Voltas Rápidas 98
Puntos totais
Posición no campionato 1º (408 ptos.)

Red Bull Racing, tamén coñecido como Red Bull ou RBR que compite como Oracle Red Bull Racing, é un equipo de carreiras de fórmula 1, baixo unha Licenza austríaca e con sede no Reino Unido. É un dos dous equipos de Fórmula Un propiedade da empresa de bebidas Red Bull GmbH, o outro Scuderia AlphaTauri (anteriormente Scuderia Toro Rosso). O equipo de Red Bull Racing foi xestionado por Christian Horner desde a súa formación en 2005.[5] Red Bull adquiriu a escudería Jaguar Racing en preto de 110 millóns de dólares, cando a casa matriz deste equipo, Ford Motor Company, anunciou a súa retirada da máxima categoría do automobilismo.

Red Bull utilizou motores Cosworth en 2005 e Ferrari en 2006. O equipo usou motores subministrados por Renault entre 2007 e 2018 (de 2016 a 2018, o motor Renault chamouse "TAG HEUER" despois da ruptura da relación entre Red Bull e Renault en 2015).[6][7] Durante esta asociación, gañaron catro títulos de campionato de pilotos e construtores sucesivos de 2010 a 2013, converténdose no primeiro equipo austríaco en gañar un título.[8] O equipo comezou a usar motores Honda en 2019.[9] A asociación con Honda Partnership culminou en 2021 tras a vitoria do Campionato Mundial de pilotos de Max Verstappen, Verstappen tamén gañou o campionato no 2022. Honda deixou o deporte oficialmente despois de 2021, pero continuará a subministrar motores completos do Xapón ao equipo baixo a marca Red Bull Powertrains ata o final do 2025.[10]

  1. "Red Bull name tech firm Oracle as title sponsor in $500m deal". ESPN (en inglés). 10 de febreiro de 2022. 
  2. "Red Bull F1 Clinches New $500M Title Sponsorship With Oracle". Bloomberg (en inglés). 10 de febreiro de 2022. 
  3. Green, Jonathan (23 de setembro de 2023). "Daniel Ricciardo, Yuki Tsunoda staying at AlphaTauri for F1 2024 as Liam Lawson misses out on race seat". Sky Sports. Consultado o 2023-12-19. 
  4. "Red Bull have 'clearer understanding' of Singapore issues". Formula1.com (en inglés). Formula One Administration. 2023-09-19. Consultado o 2023-09-30. 
  5. "Christian Horner: Team Principal". Infiniti Red Bull Racing. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2013. 
  6. Cooper, Adam. "TAG Heuer extends Red Bull F1 deal despite 2019 Honda engine deal". Autosport.com. 
  7. "Red Bull extend Renault engine contract to 2016". BBC Sport (BBC). 9 de setembro de 2011. Consultado o 9 de setembro de 2011. 
  8. "International Court of Appeal". FIA. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2012. Consultado o 17 de novembro de 2012. 
  9. Sean Szymkowski. "2019 Red Bull Racing F1 car revealed, fires up Honda engine at Silverstone". Motorauthority. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  10. "Honda and Red Bull extend power unit support deal until 2025". Formula 1. 2 de agosto de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy