Reganosa | |
---|---|
Reganosa vista dende a ría de Ferrol | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1999 |
Matriz | Gadisa |
Localización | Punta Promontoiro, s/n. 15620 Mugardos, A Coruña Galicia |
Fundador | Roberto Tojeiro Díaz |
Persoas clave | José María Paz, Director[1] Grupo Tojeiro 20,28% Xunta de Galicia 17,5% Gas Natural Fenosa 21% Sonatrach 10% First State Regasificadora 15% Forestal del Atlántico 16,22%[2] |
Industria | Enerxía |
Produtos | Gas natural |
[ editar datos en Wikidata ] |
Reganosa (Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de gas natural licuado (GNL) a través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna. En España existen seis plantas regasificadoras: Barcelona, Huelva, Bilbao, Sagunto, Cartaxena e Mugardos.[3]