Un Regierungsbezirk (xeralmente traducido coma Rexión Administrativa) é unha rexión administrativa-gobernamental de Alemaña, unha subdivisión dalgúns estados federados. Os Regierungsbezirke están ao mesmo tempo divididos en distritos (Kreise) que poden ser urbanos ou rurais. O Regierungsbezirk está gobernado por un Bezirksregierung dirixido polo Regierungspräsident.
Non todos os Bundesländer (estados federais) dispoñen desta subdivisión; algúns, están directamente divididos en distritos. Actualmente, cinco estados están divididos en 22 Regierungsbezirke, cunha poboación que oscila dos 5 255 000 habitantes de Düsseldorf aos 1 065 000 de Gießen:
Baden-Württemberg: Friburgo, Karlsruhe, Stuttgart, Tubinga
Baviera: Alta Baviera, Baixa Baviera, Alta Franconia, Franconia Central, Baixa Franconia, Alto Palatinado, Suabia
Hesse: Darmstadt, Gießen, Kassel
Renania do Norte-Westfalia: Arnsberg, Colonia, Detmold, Düsseldorf, Münster