Remain in Light

Remain in Light
Álbum de Talking Heads
Publicado8 de outubro de 1980
Gravaciónxullo - agosto de 1980
Estudio(s)Compass Point Studios, Nassau; Sigma Sound Studios, Nova York City
Duración40:10
Xénero(s)New Wave, post-punk, funk rock, worldbeat
Selo(s)Sire Records
Producido porBrian Eno
Cronoloxía
Fear of Music Remain in Light Speaking in Tongues

Remain in Light é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, editado o 8 de outubro de 1980 a través de Sire Records. Foi gravado entre as Bahamas e os Estados Unidos nos meses de xullo e agosto de 1980, baixo a produción do colaborador do grupo Brian Eno. O álbum chegou ao posto 19 da Billboard 200 nos Estados Unidos e ao 21 na lista británica de álbums. Foron lanzados dous sinxelos do disco: "Once in a Lifetime" e "Houses in Motion". O traballo foi certificado ouro nos Estados Unidos e o Canadá durante os anos 80.

En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 4 da súa lista dos 50 mellores álbums de postpunk.[1] A revista Rolling Stone elixíuno o cuarto mellor álbum dos anos 80.[2]

  1. Jackson, Josh (13 de xullo de 2016). "The 50 Best Post-Punk Albums" (en inglés). Paste. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  2. Stone, Rolling; Stone, Rolling (1989-11-16). "100 Best Albums of the Eighties". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-08-27. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy