Remolacha

Para a variedade botánica cultivada polas súas follas e coñecida como acelga, véxase Acelga.

A remolacha[1][2][3] ou beterraba[4] (Beta vulgaris) é unha planta da familia das quenopodiáceas (Chenopodiacea), segundo a clasificación clásica, ou das amarantáceas (Amaranthaceae), segundo a clasificación filoxenética,[5][6][7] cuxas follas e raíces son comestíbeis.

Existen numerosas variedades da especie, das que algunhas se empregan para a alimentación humana (ben a raíz, ben as follas, como na acelga (Beta vulgaris var. cicla) ; outras como penso para o gando (remolacha forraxeira[2]: Beta vulgaris var.alba) , e outras para a produción de azucre (remolacha azucreira,[2] Beta vulgaris subsp. vulgaris var. altissima). Tamén existe a acelga mariña (Beta vulgaris subsp maritima ou Beta maritima).

A variedade de mesa ten raíces grosas, vermellas e carnosas, que se consomen principalmente cocidas, en ensaladas; a cor débese a dous pigmentos, a betacianina e a betaxantina, que resultan indixeríbeis, polo que tinxen o bolo alimentraio, os excrementos e a urina desa cor. Porén, pola súa atoxicidade úsase frecuentemente como colorante alimentario.

Como subproduto da industria azucreira está a polpa de remolacha. Este residuo industrial utilízase principalmente para a alimentación do gando (para os ruminantes).

Algúns doutros posíbeis usos, debido ao seu alto contido en pectinas, á a súa utilización para a produción de biocombustíbeis a través dun tratamento encimático e a súa posterior fermentación.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para remolacha.
  2. 2,0 2,1 2,2 BUSCatermos - Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela remolacha
  3. Definición de Remolacha no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  5. PLANTS Profile for Beta vulgaris (common beet); USDA PLANTS (en inglés) Consultada o 31/07/2012.
  6. "Spinach, Beet and Swiss Chard - Notes - HORT410 - Vegetable Crops - Department of Horticulture and Landscape Architecture - Purdue University". Hort.purdue.edu. Arquivado dende o orixinal o 16-09-2012. Consultado o 12-09-2012. (en inglés) Consultada 0 31/07/2012.
  7. "Integrative Biology 335: Systematics of Plants". Life.illinois.edu. Arquivado dende o orixinal o 10-05-2011. Consultado o 12-09-2010.  (en inglés) Consultada o 31/07/2012.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in