Renacemento carolinxio

Carlomagno, rodeado dos seus principais colaboradores, recibe a Alcuíno de York que lle presenta os manuscritos escritos polos seus monxes, Victor Schnetz.

O Renacemento Carolinxio é o nome que recibe o rexurdimento da cultura clásica latina no seo do Imperio Carolinxio a fins dos séculos VIII e IX. Foi un período de renacemento intelectual e cultural, co pico de actividades ocorrido durante os reinados dos líderes carolinxios e Ludovico Pío. Durante este período houbo un aumento dos estudos de literatura, artes, arquitectura, xurisprudencia e litúrxicos. O período tamén viu o desenvolvemento do Latín Medieval e a minúscula carolinxia, provendo unha linguaxe común e un estilo de escritura que influíu na comunicación da maioría de Europa.

O uso do termo renacemento para describir este período é disputado debido a que a maioría dos cambios causados neste período foron case completamente limitados ao ámbito do clero, e debido a que o período careceu da ampla gama de movementos sociais do posterior Renacemento italiano [1]. Máis que un renacemento de novos movementos culturais, este período foi caracterizado por lograr recrear a cultura previa do Imperio Romano [2].

Debido a unha forte alianza do Estado e a Igrexa para levar a cabo as reformas, o Renacemento carolinxio (a diferenza do Italiano) non foi humanista nin antropocéntrico, senón que se centrou máis en aspectos teolóxicos e católicos.

  1. Scott pg 30
  2. Cantor pg 190

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy