Reservoir Dogs

Reservoir Dogs
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalReservoir Dogs
DirectorQuentin Tarantino
ProdutorLawrence Bender
GuiónQuentin Tarantino
Roger Avary
IntérpretesHarvey Keitel
Tim Roth
Chris Penn
Steve Buscemi
Lawrence Tierney
Michael Madsen
FotografíaAndrzej Sekuła
MontaxeSally Menke
EstudioLIVE America
DistribuidoraMiramax Films
Estrea1992
Duración99 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense e acción
Orzamento$1 200 000[1]
Recadación$22 000 000[2]
Na rede
http://www.miramax.com/movie/reservoir-dogs
IMDB: tt0105236 Filmaffinity: 137887 Allocine: 7524 Rottentomatoes: m/reservoir_dogs Mojo: reservoirdogs Allmovie: v40984 TCM: 88013 Metacritic: movie/reservoir-dogs TV.com: movies/reservoir-dogs
Discogs: 96906 Allmusic: mw0000088711 Netlix: 902003 Editar o valor en Wikidata

Reservoir Dogs é un filme estadounidense dirixido por Quentin Tarantino que se estreou en 1992. Pertence ó xénero neo-noir e suspense e conta os eventos anteriores e posteriores dun roubo de diamantes errado. Foi o primeiro filme do director e guionista Quentin Tarantino, e está protagonizado por Harvey Keitel, Tim Roth, Steve Buscemi, Chris Penn, Lawrence Tierney e Michael Madsen. Tarantino e Edward Bunker teñen papeis menores no filme. Incorpora moitos temas que se converteron en sinais de identidade do cine violento de Tarantino, como referencias da cultura popular, linguaxe vulgar e a narrativa non lineal.

O filme converteuse nun clásico de culto do cine independente.[3] Foi chamado o "Meirande Filme Independente de Tódolos Tempos" pola revista Empire. Reservoir Dogs foi polo xeral ben recibida, e o elenco de actores foi eloxiado por moitos críticos. Malia que non tivo moita promoción na súa estrea, tivo un éxito modesto nos Estados Unidos despois de recadar $2 832 029 sobre un orzamento de $1,2 millóns. Tivo máis éxito no Reino Unido, recadando preto de £6,5 millóns, acadando aínda máis popularidade despois do seguinte filme de Tarantino, Pulp Fiction. A banda sonora, titulada Reservoir Dogs: The Original Motion Picture Soundtrack, foi lanzada coas cancións empregadas no filme, que pertencen na súa maioría á década de 1970.

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Reservoir Dogs (1992) - Box office / business". IMDB. Amazon.com. 
  3. Tobias, Scott (18 de decembro de 2008). The A.V. Club, ed. "The New Cult Canon - Reservoir Dogs". The Onion. Consultado o 28 de agosto 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in