Rhizobiales

A orde Rhizobiales é unha orde de alfaproteobacterias.

Os rizobios, son as Rhizobiales máis importantes. Realizan a fixación do nitróxeno e viven en simbiose nas raíces das plantas, e están distribuídos en varias familias da orde. As Bradyrhizobiaceae, Hyphomicrobiaceae, Phyllobacteriaceae, e Rhizobiaceae son catro familias que conteñen polo menos seis xéneros de bacterias fixadoras do nitróxeno, que forman nódulos nas raíces das plantas leguminosas. Exemplos son o xénero Bradyrhizobium e Rhizobium.

Algunhas especies de Methylocystaceae teñen un metabolismo metanótrofo, xa que usan metanol (CH3OH) ou metano (CH4) como única fonte de enerxía e carbono.

Outros xéneros importantes son Bartonella (patóxeno) e Agrobacterium (usado en enxeñaría xenética para introducir xenes en plantas que se queren converter en transxénicas).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy