Richard Francis Dennis Barry III, nado o 28 de marzo de 1944 en Elizabeth, Nova Jersey, foi un xogador de baloncesto profesional norteamericano, que destacou na década dos 70. Está considerado un dos mellores alas da historia. Xogou como profesional tanto na NBA como na ABA, e é o único xogador da historia que liderou nunha tempada a clasificación de máximos anotadores en ambas as ligas, así como na liga Universitaria NCAA. Foi tamén coñecido polo seu peculiar xeito de lanzar os tiros libres.[1]