Rinoceronte Editora

Rinoceronte Editora

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade limitada
Fundación2005
LocalizaciónCangas
Persoas claveMoisés Barcia
IndustriaEditorial
Na rede
http://rinoceronte.gal
Facebook: RinoceronteEditora Twitter: rinoceronteedit Instagram: rinoceronteeditora Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rinoceronte Editora é unha editorial galega creada en 2005[1] por iniciativa de Moisés Barcia Rodríguez, o tradutor galego da triloxía O Señor dos Aneis, e Penélope Pedreira. Ten a súa sede en Cangas e está especializada na publicación de obras traducidas ao galego.[2] Ademais de Rinoceronte, a empresa tamén conta con outros selos editoriais: Sushi Books (creado en 2013 cun catálogo en galego, castelán, catalán e éuscaro),[3] Morgante Edicións (selo de carácter xeneralista de autores galegos e tamén foráneos),[4] Edicións Barbantesa (proxecto creado en maio de 2010 para acoller as novas voces poéticas galegas),[5] e Esplanadi (selo que recolle obras da literatura finesa).[6] En 2011 presentou tamén o selo Pulp Books, centrado na tradución de autores galegos ao castelán e outras linguas (xaponés, catalán, italiano ou alemán), pero xa non se encontra activo.[7]

En 2020 Rinoceronte puxo a funcionar un dicionario de balde en liña castelán-galego dende a súa páxina web.[8] Nel tamén se recollen sinónimos, fraseoloxía e topónimos.[9]

  1. "Rinoceronte Editora". amesa.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  2. "Rinoceronte Editora". agasallo.eu. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  3. "Sushi Books - Coñécenos". rinoceronte.gal/sushibooks. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  4. "Morgante Edicións - Coñécenos". rinoceronte.gal/morgante. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  5. "Edicións Barbantesa - Nós". rinoceronte.gal/barbantesa. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  6. "Esplanadi". rinoceronte.gal/esplanadi. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  7. "Exportar letras galegas en castelán". culturagalega.gal. 7 de outubro de 2013. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  8. "Dicionario castelán-galego". rinoceronte.gal/dicionario. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  9. "Rinoceronte Editora pon en liña o maior dicionario Castelán-Galego". culturagalega.gal. 7 de outubro de 2020. Consultado o 1 de marzo de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy