Riot Act

Riot Act
Álbum de Pearl Jam
Publicado12 de novembro de 2002
Gravaciónfebreiro - maio de 2002
Estudio(s)Studio X e Space Studio en Seattle, Washington
Duración54:15
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Epic Records
Producido porAdam Kasper e Pearl Jam
Cronoloxía
Binaural Riot Act Pearl Jam

Riot Act é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de grunge Pearl Jam. Foi editado o 12 de novembro de 2002 a través do selo Epic. Despois dunha extensa xira de promoción do seu anterior traballo, Binaural, Pearl Jam tomouse un ano de descanso. A banda volveu reunirse a principios do 2002 e comezou a traballar no novo álbum. A súa música conta con sons diferentes tendo cancións influenciadas polo folk o art rock e a música experimental.

Riot Act estreouse no número cinco da lista Billboard 200. A banda promocionou o disco cunha xira no ano 2003 moi cargada de contido político. Riot Act foi o derradeiro álbum de Pearl Jam con material novo lanzado pola Epic. O disco foi certificado ouro pola RIAA nos Estados Unidos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy