(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1937 (87 anos) Shaker Heights, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Lehigh (pt) Culver Academies (en) Shaker Heights High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, propietario dun equipo de NASCAR, empresario |
Partido político | Partido Republicano |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Fillos | Gregory Penske, Jay Penske |
Premios | |
Roger Searle Penske, nado o Shaker Heights, Ohio, o 20 de febreiro de 1937, é un empresario estadounidense involucrado nas carreiras de autos profesionais. É famoso pola súa propiedade do Team Penske, DJR Team Penske, Penske Corporation e outros negocios relacionados co automóbil.
Penske ten a maior cantidade de vitorias como propietario de equipo nas 500 Millas de Indianápolis con 16 vitorias. En 1961 Sports Illustrated nomeouno piloto do ano do Sports Car Club of America. Logo de retirarse da pilotaxe uns anos máis tarde, creou un dos equipos máis exitosos nas carreiras de IndyCar Series e NASCAR. Tamén é coñecido polo seu alcumo de "The Captain" (O Capitán).[1]
Penske é un dos directores corporativos de General Electric e foi presidente da Super Bowl XL en Detroit. Anteriormente foi membro da xunta directiva de The Home Depot e Delphi Automotive antes de renunciar para presidir o Comité do Super Bowl de Detroit. Ten un patrimonio neto estimado de 1.950 $ millóns en setembro de 2015.[2]