Rogue One | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rogue One |
Director | Gareth Edwards |
Produtor | Kathleen Kennedy Allison Shearmur Simon Emanuel |
Guión | Chris Weitz Tony Gilroy |
Baseado en | Personaxes de George Lucas |
Intérpretes | Felicity Jones Diego Luna Ben Mendelsohn Donnie Yen Mads Mikkelsen Alan Tudyk Jiang Wen Forest Whitaker |
Música | Michael Giacchino (Temas orixinais de Star Wars por John Williams) |
Fotografía | Greig Fraser |
Montaxe | John Gilroy Colin Goudie Jabez Olssen |
Estudio | Lucasfilm Ltd. |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | Pantages Theatre: 10 de decembro de 2016 16 de decembro de 2016 |
Duración | 133 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $200 000 000[1][2] |
Recadación | $986 000 000[1] |
Filme anterior | Star Wars Episode III: Revenge of the Sith |
Filme seguinte | A guerra das galaxias |
Na rede | |
https://www.starwars.com/films/rogue-one | |
|
Rogue One: A Star Wars Story (ou sinxelamente Rogue One) é un filme épico estadounidense dirixido por Gareth Edwards e escrito por Chris Weitz e Tony Gilroy a partir dunha historia de John Knoll e Gary Whitta. O filme, unha produción de Lucasfilm distribuída por Walt Disney Studios Motion Pictures, está protagonizado por Felicity Jones, Diego Luna, Ben Mendelsohn, Donnie Yen, Mads Mikkelsen, Alan Tudyk, Jiang Wen e Forest Whitaker. Conta a historia de Jyn Erso, a filla do deseñador da superarma do Imperio Galáctico coñecida como Estrela da Morte, e a súa misión para facerse cos deseños estruturais da arma para destruíla.
O primeiro filme da saga antolóxica de A guerra das galaxias, Rogue One está ambientado inmediatamente antes dos eventos da saga orixinal de 1977. A fotografía principal do filme comezou en Elstree Studios, preto de Londres, dende agosto de 2015 até febreiro de 2016. Estreouse nos Ánxeles o 10 de decembro de 2016 e nos Estados Unidos o 16 de decembro de 2016.