Ron

Ron xamaicano Appleton Estate, 40º.

O ron é unha bebida alcohólica que se obtén a partir da cana de azucre por fermentación, destilación e envellecemento, xeralmente en barricas de carballo. Esta bebida menciónase por primeira vez en documentos de orixe nazarí (antigo reino de Granada), pero con maior consistencia, pola súa fama entre os mariñeiros, en documentos provenientes de Barbados en 1650. Chamábaselle "kill-devil" ('mata-diaño') ou "rumbullion" (unha palabra de Devonshire, Inglaterra, que significa 'un gran tumulto'). Nas colonias antillanas francesas, chamóuselle "guildive" (modificación de "kill-devil") e posteriormente "tafia", un termo africano ou indíxena. Xa en 1667 chamábaselle simplemente "rum", termo derivado da palabra española ron (palabra de raíz árabe) e a francesa rhum (que deriva da anterior). A primeira mención oficial da palabra "rum" aparecen nunha orde emitida polo Gobernador Xeral de Xamaica con data 8 de xullo de 1661.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy