Roubo de identidade

The Prisoner of Zenda (1894), cun "roubo de identidade" do rei.

O roubo de identidade ou usurpación de identidade é a apropiación da identidade dunha persoa: facerse pasar por esa persoa, asumir a súa identidade ante outras persoas en público ou en privado, en xeral para acceder a certos recursos ou a obtención de créditos e outros beneficios en nome desa persoa.

Doutra banda, o roubo de identidade tamén é utilizado co fin de prexudicar a unha persoa, é dicir, difamala ou manchar o seu nome con diversos fins que o criminal procure.

O caso máis común hoxe en día dáse cando un atacante, por medios informáticos ou persoais, obtén a súa información persoal e utilízaa ilegalmente.

O roubo de identidade é o delito de máis rápido crecemento no mundo. Até non hai moito tempo, cando un ladrón roubaba a billeteira ou porta documentos, o diñeiro non era o único que pretendía. Co tempo, os datos dos documentos de identidade como, por exemplo, a tarxeta de crédito, a tarxeta de débito, os cheques e calquera outro documento que conteña os datos persoais volvéronse moi importantes.

No transcurso de calquera día, esta información divúlgase ao facer transaccións en persoa, por teléfono e en liña para efectuar a compra de produtos e servizos. Se esta información confidencial cae en mans dun delincuente, podería utilizarse para roubar a identidade financeira e realizar moitas das actividades en nome do titular.

Ninguén está a salvo deste delito nin pode terse a certeza de que nunca ocorrerá. O importante é coñecer os métodos existentes para reducir as probabilidades de que ocorra e as medidas a tomar no caso de que ocorra.

Co desenvolvemento das novas tecnoloxías, o roubo de identidade converteuse na modalidade delituosa que máis creceu nos últimos anos. No ano 2014 denunciáronse 117 delitos de suplantación de identidade en España.[1]

  1. Delitos de suplantación de identidad en España el 2014 (en castelán)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in