Rubia galega

A rubia galega é unha raza de vacún autóctona de Galicia.[1] É a máis característica de Galicia e ten o pelo de cor rubia con variacións de ton. Emprégase para a produción de carne e noutros tempos como animal de traballo. Abunda especialmente na provincia de Lugo, onde se concentra o 75% do censo[2], e na provincia da Coruña, estando tamén presente noutras comunidades e noutros países de Europa e de Suramérica.

  1. "rubia". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1840. 
  2. Cando a finais de 2013 ACRUGA reunía 2.311 explotacións inscritas (2.286 en Galicia e 25 no resto de España), a provincia de Lugo achegaba 1.673 explotacións, o 73,18% (Revista ACRUGA nº 58, decembro 2013, px. 7-8).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in