Rubio

Muller rubia, co pelo avermellado e a pel clara pola carencia de pigmento marrón.

O rubio/roibo ou roxo é unha cor de pelo un chisco alaranxada, entre castaño e amarelo, cun matiz vermello. Nalgúns tons destes pelos predomina o vermello, noutros o laranxa, noutros o cobrizo. Así mesmo, a pel dos individuos destas características capilares é a miúdo clara e ten unhas manchas tamén características, as pencas. Isto é debido a que carecen dun pigmento castaño, a eumelanina e á presenza maioritaria ou exclusiva de feomelanina, asociadas a unha distribución particular dos melanocitos e dos melanosomas na pel. Aproximadamente, entre un 1% e un 2% da poboación humana é rubia[1][2].

  1. Red Alert! The Washington Post. 19-03-2002. Consultado o 06-02-2007.
  2. National Geographic, setembro de 2007

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy