Rutenia

Modelo:Xeografía políticaRutenia

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata

León ruteno, que foi usado como escudo representativo de Rutenia durante o Concilio de Constanza no século XV

Rutenia é un exónimo actualmente utilizado para nomear á rexión onde viven os rutenos (eslavos orientais).

Actualmente encóntrase dividida entre varios estados. No presente adoitan chamarse "rutenos" aos ucraínos occidentais e, en moitos casos, aos ucraínos que, en lugar de seguir a fe da Igrexa ortodoxa, pertenecen á Igrexa católica rutena ou á Igrexa greco-católica ucraína, dúas Igrexas orientais católicas presentes na actual Ucraína.[1]

Orixinariamente foi utilizado no latín medieval como unha das varias designacións para as rexións dos eslavos orientais e ortodoxos orientais, e un arcaísmo utilizado para a designación das terras da Rús (en antigo eslavo oriental: Рѹ́сь / Rus e Рѹ́сьскаѧ землѧ / Rús'kaya zemlyá, grego antigo: Ῥωσία, latín: Rusia, Ruscia, Ruzzia).[2][3]

Esta variante, que se remonta ao antigo nome da tribo celta dos rutenos (latín: ruteni),[4][5] foi trasladada polos cronistas de Europa occidental a Rusia debido á súa consonancia. A antiga terra da Rús foi gobernada pola Dinastía Rurícovich.

O último dos Rurícovich gobernou como tsar de Rusia no século XVI.[6]

  1. Himka, John-Paul. "Ruthenians". www.encyclopediaofukraine.com. Internet Encyclopedia of Ukraine. 
  2. Nazarenko, Aleksandr Vasilevich (2001). "1. Имя "Русь" в древнейшей западноевропейской языковой традиции (XI-XII века)" [The name Rus' in the old tradition of Western European language (XI-XII centuries)]. Древняя Русь на международных путях: междисциплинарные очерки культурных, торговых, политических связей IX-XII веков [Old Rus' on international routes: Interdisciplinary Essays on cultural, trade, and political ties in the 9th-12th centuries] (DJVU) (en ruso). Languages of the Rus' culture. pp. 40, 42–45, 49–50. ISBN 978-5-7859-0085-1. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. 
  3. Magocsi, Paul R. (2010). A History of Ukraine: The Land and Its Peoples. University of Toronto Press. p. 73. ISBN 978-1-4426-1021-7. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 
  4. Петрухин, Владимир Яковлевич|Петрухин В. Я., Раевский Д. С. Очерки истории народов России в древности и раннем средневековье. — М.: Языки русской культуры, 1998. — С. 261.
  5. Мельникова, Елена Александровна|Мельникова Е. А. «Исторический источник неисчерпаем»: к 40-летию школы В. Т. Пашуто // Средние века. — М.: Наука, 2008. — Вып. 69 (3). — С. 23.
  6. "Rurik Dynasty | medieval Russian rulers". Encyclopedia Britannica. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in