Ryanair | ||
---|---|---|
IATA FR | OACI RYR | Indicativo Ryanair |
Fundación | 1985 | |
Inicio das operacións | 1985 | |
Aeroporto principal | Aeroporto de Londres-Stansted | |
Subsidiarias | Ryanair DAC Malta Air Buzz Lauda Europe Ryanair UK | |
Frota | 575 | |
Destinos | 231 | |
Eslogan da compañía | low-cost airline | |
Sede | Dublin Airport, Fingal, Ireland | |
Dirixentes | Michael O'Leary, Michael Cawley | |
Páxina web: http://www.ryanair.com |
Ryanair, Plc é unha aeroliña irlandesa con sede social en Irlanda. Foi fundada por Tony Ryan en 1985 con 25 traballadores, sendo a súa primeira ruta Waterford - Londres. É o maior transportista de baixo custo de Europa. Actualmente ten máis 650 rutas. Ao longo dos anos converteuse na aeroliña máis rendible do mundo, grazas á redución de custos. Ryanair caracterizouse por unha rápida e continua expansión, especialmente trala desregulación da industria aérea en Europa en 1997. Operaba unha frota de 74 veteranos Boeing B737, que foron dados de baixa, e asinou contratos para recibir 225 novos Boeing B737-800 ata 2010, ademais de opcións por 193 máis. A data de hoxe, Ryanair conta con 305 Boeing 737-800 «Next Generation» cunha media de idade de 4,9 anos.
Ryanair é unha das empresas europeas máis polémicas, loada e criticada por igual. Os seus simpatizantes destacan os seus baixos prezos, o seu populismo, a administración radical, e a súa fereza para desbancar as aeroliñas de alto custo tradicionais. Pero os detractores acúsana de incumprir as políticas da UE e facer publicidade enganosa.[1] En 2009 foi demandada pola Dirección Xeral de Consumo de Baleares, por cobrar indebidamente aos pasaxeiros un suplemento por levar a súa equipaxe,[2] medida que Ryanair aplica sistematicamente pero que é ilegal en España.[3]